sábado, 16 de marzo de 2013


ALTAS CAPACIDADES

É moi importante nos centros escolares ter presente ao alumnado con estas necesidades específicas de apoio educativo.

Pasos a seguir:

1.     Detección por parte do profesorado

2.    Avaliación  e informe  polo Departamento de Orientación.

3.    Información á familia por parte do titor e Orientador/a

4.    Solicitude de intervención do especialista do EOE da provincia.

5.    Diagnóstico

6.    Medidas a realizar dende a escola

7.    Reunión coa familia e explicación das medidas adoptadas.

Dende o Departamento de Orientación programaranse charlas  para o profesorado sobre os nenos de Altas Capacidades e recursos para as aulas.

No seguinte blog, atoparas información sobre a charla que Eladio Ferro, membro do  Equipo de Orientación Específico de Pontevedra e responsable do alumnado de Altas Capacidades deu sobre o tema.  

 http://orientavigo.blogspot.com.es/

 

martes, 12 de marzo de 2013

Boas ferramentas

Estas páxinas que podemos consultar dende o blog,  anímannos a traballar coas diferentes ferramentas que se nos ofertan na rede. Certamente son moitas as vantaxes, pero é importante saber manexarse nese mundo e ter moi claro os obxectivos que queremos acadar.
O Departamento de Orientación precisa de múltiples recursos e el mesmo é importante que sirva de recursos a toda á comunidade escolar. En Primaria, a comunicación coas familias parece esencial, así como a interrelación con todo o profesorado. Paréceme que ser un banco de recursos para o noso centro é prioritario, porque dende dentro coñecemos as necesidades que o centro demanda.
Todos os enlaces que engadín no meu blog clarifican  a necesidade da creación dun blog dende Orientación e as vantaxes que elo nos xera.