Estas páxinas que podemos consultar dende o blog, anímannos a traballar coas diferentes ferramentas que se nos ofertan na rede. Certamente son moitas as vantaxes, pero é importante saber manexarse nese mundo e ter moi claro os obxectivos que queremos acadar.
O Departamento de Orientación precisa de múltiples recursos e el mesmo é importante que sirva de recursos a toda á comunidade escolar. En Primaria, a comunicación coas familias parece esencial, así como a interrelación con todo o profesorado. Paréceme que ser un banco de recursos para o noso centro é prioritario, porque dende dentro coñecemos as necesidades que o centro demanda.
Todos os enlaces que engadín no meu blog clarifican a necesidade da creación dun blog dende Orientación e as vantaxes que elo nos xera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario